Entrega de Premios

O primeiro CERTAME DE CURTAMETRAXES ARMADIÑA chegou ao seu fin nunha GALA DE ENTREGA DE PREMIOS presentada polos membros da ACDeM Armadiña Xosé Rial e Laura Currás.
Durante os dous días que durou o Certame achegáronse até o CASAL DE FERREIRÓS 167 persoas que visualizaron 36 curtametraxes – 34 da SECCIÓN OFICIAL e 2 PROXECCIÓNS ESPECIAIS.

raquel.pg

Raquel G. Cimas despois de recibir a Áncora de Ouro

O xurado formado po Fernando Jover, María Crespo, Beatriz Bravo, Xurxo Souto e Manuel Pastoriza escolleu coma gañadora da ÁNCORA DE OURO a mellor curtametraxe a película “EL AMOR NO ES CIEGO” da Raquel G. Cimas. A directora cántabra recibiu o premio das mans de Xosé Rial e Laura Currás.

nani

Nani Matos recibindindo a Áncora de Prata

O público, o cal podía votar ao final de cada unha das sesións, decidiuse pola curta Flores Para Amalia do guardés Nani Matos. Silvia Díaz, concelleira de cultura de Poio, fixo entrega da ÁNCORA DE PRATA ao director galego.

A asociación Armadiña móstrase moi satisfeita co resultado do Certame. A boa resposta do público, a calidade das curtametraxes visionados e os parabéns recibidos pola organización do festival, danos azos para continuar coa celebración do Certame o ano que vén.

Para rematar queriamos agradecer : Concellería de Cultura de Poio o seu traballo e as facilidades prestadas para a organización do certame, aos directores – e tamén aos membros dos equipos das curtas – que se achegaron até Poio e participaron nos coloquios despois da Gala e tamén a todos os asistentes ao certame.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close