Instrucións para unha curta

1. Acudir aos ollos como transporte para o máis alá.
2. A escuridade. Neste caso, calquera luz externa pode escurecer a mensaxe.
3. Preparar ben o corpo para o gran salto. É imprescindible acudir con traballo de fondo.
4. Riscar a instrución número 3. Unha curta tamén pode ser unha primeira vez: cómpre deixarse levar.
5. Baixar o nivel de racionalidade. A lóxica ás veces non ten moito sentido.
6. Saltar con profundidade. Cravar as unllas no máis fondo da curta. Destripala. Darlle a volta. Retorcela, axitala, mareala, extasiala.
7. Gozala.
8. Non entender nada. Permítese expresar a confusión a través dunha expresión de perda absoluta. Cómpre deixarse seducir tamén polo críptico.
9. Silencio. As bocas apagadas. Os móbiles tamén.
10. Evitar a adición de sons adicionais (mastigar coa boca pechada).
11. Cando todo remate, observar absolutamente todo: as caras dos demais espectadores (se os hai), a brisa sobre a vexetación, a pedra, os corpos, o transitar dos corpos, a estela dos corpos, o mar bravo, o mar calmo, as nubes, as estrelas, o universo, etc.
12. Continuar a aprender a nova linguaxe adquirida.
13. Empregala.
14. Regresar, sempre.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close