Comeza a inscrición da edición 2017

Entre os días 13 e 19 de novembro de 2017 celebrarase a terceira edición do Curtas Armadiña, festival audiovisual organizado pola Asociación Cultural, Deportiva e Medioambiental homónima de Combarro. As proxeccións, como xa é costume, terán lugar no poiense Casal de Ferreirós. Este ano, o festival estará composto por catro seccións: Sección Oficial, Sección Medioambiental, Sección Animación e Sección Videoclip.

A contía dos premios triplícase con respecto á doutros anos e os gañadores das seccións mencionadas recibirán, respectivamente, 1000 euros e unha áncora de ouro, 500 euros e unha áncora de prata, 500 euros e unha áncora especial e 300 euros e unha áncora acreditativa. As curtas terán que estar nunha lingua oficial da Península Ibérica e subtituladas obrigatoriamente en galego ou en castelán como medida de integración da comunidade xorda, a quen se lle facilitará a participación nesta edición. Ademais, cada sección contará cun xurado específico.

Outra das novidades da edición deste ano será a entrega do premio Áncora de Honra, un galardón simbólico que se lle concederá a un persoeiro do ámbito audiovisual cuxa traxectoria debe ser honrada, visibilizada e valorizada.

O festival estará patrocinado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Poio.O prazo para a presentación de orixinais abrirase este xoves 1 de xuño e permanecerá aberto ata o 1 de agosto a través das plataformas web www.festhome.com e www.filmfreeway.com, onde se poden atopar as bases completas, así como tamén na páxina oficial do certame www.curtas.armadinha.gal.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close