Nani Matos gaña o Festival de Curtas Armadiña coa súa curtametraxe “Lurna”

Foto dos gañadores despois da gala

O Festival de Curtas Armadiña, celebrado esta fin de semana (18, 19 e 20 de novembro) no Casal de Ferreirós de Poio, pechouse cos seguintes resultados: o Premio de Memoria Histórica (Áncora Castelao) outorgóuselle á curtametraxe asturiana “Al llau del pozu”. O propio director, Marino Franco, recolleu o galardón, dotado con 300 €. A Áncora de Ouro, premio de 500 € e cuxa entrega foi decidida por importantes nomes do audiovisual galego, recaeu en “Lurna”, obra do pontevedrés Nani Matos, quen tampouco faltou á cita. Por último, a Áncora de Prata, galardón de 250 € concedido polo público asistente ao festival ao longo de toda a fin de semana, foi para a curtametraxe “Noche de Todos los Santos”, de Gustavo Vallecas.

Este domingo, derradeiro día da segunda entrega deste festival, acudiron ao Casal de Ferreirós máis de 300 persoas. O festival pechouse coa gala de entrega de premios dirixida pola actriz pontevedresa Beatriz Campos.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close