Premio ao mellor clip en galego

Unha das novidades máis salientábeis da nova edición do CURTAS ARMADIÑA, organizado pola ACDeM Armadiña, é a incorporación dunha sección dedicada ao mellor vídeo musical en galego dos dous últimos anos. Esta iniciativa encádrase dentro das medidas para o fomento do galego que o colectivo vai amosar dentro da programación do festival audiovisual, que este ano se celebrará do 13 ao 19 de novembro.

O gañador do mellor vídeo musical do CURTAS ARMADIÑA obterá unha contía de 300 € e mais unha Áncora acreditativa. O xurado encargado de decidir o premio (XURADO NOVO) estará composto por adolescentes de Poio entre 15 e 17 anos. A Armadiña ten como obxectivo con esta medida dar a coñecer a nosa música e o audiovisual entre a mocidade, así como achegar as súas actividades á xente nova do municipio.

A sección de videoclips que Armadiña impulsa nesta terceira edición pretende ligar as dúas actividades máis emblemáticas da asociación, o ARMADIÑA ROCK e o CURTAS ARMADIÑA. Así, as bandas galegas que fan gozar nas tardes-noites de agosto no festival de música tamén terán presenza a través da pantalla no outono.

O prazo de inscrición dos videoclips remata o 1 de agosto, e @s interesad@s poden enviar as súas pezas a través da páxina web http://curtas.armadinha.gal ou a través de correo-e curtas@armadinha.gal.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close