Xurado: mulleres no cinema

Este ano, o festival Curtas Armadiña, que se celebrará entre o 13 e o 19 de novembro na comarca de Poio, conta cun xurado de luxo composto integramente por mulleres co fin, segundo os organizadores, de destacar o inmenso talento feminino co que contamos en Galiza e que aínda na actualidade precisa de máis espazos de visibilidade e recoñecemento.

Formarán parte dese xurado Keka Losada, María Salgueiro, Lucía Estévez, Silvia Fuentes, catro nomes capitais da escena audiovisual galego, e Tamara Andrés, en representación da comisión organizadora.

Keka Losada leva 12 anos ligada ao mundo das curtametraxes. Fai máis de 10 anos que é Presidenta da Asociación Cultural ARELA, organizadora do Festival de Cans. Actualmente centra a súa actividade na produción de festivais como o Sinsal Son Estrella Galicia, O Marisquiño ou Cantoconto. Participou como actriz en curtas como “Dies Dei”, de Nani
Matos, e “Un hombre cualquiera”, de Rubén De Marina.

María Salgueiro traballa en teatro, cinema e televisión. Traballou en diversas composicións teatrais (entre outros, “Enfermo Imaginario”, “Misiles Melódicos”, “María Soliño: o desembarco dos Turcos” ou “O Clube da Calceta”).
Participou en series como “El Comisario” e “Piratas”. O máis recente dos seus traballos é na serie “Vis a Vis”, de Antena3. En Galicia traballou nas series da TVG “A Vida por diante”, “Os Atlánticos”, “Escoba” e “Serramoura”.
En cine participou nas películas “Divinas Palabras”, “Mar Libre”, “Abrígate”, “Voltar a Casa”, “Lo que ha llovido”, “Una Mujer Invisible”, “El Origen del Problema” e “La declaración de los objetos”. Actualmente prepara a obra “6 cubos negros”, dirixida por Diana Mera.

Lucía Estévez traballou no departamento de cámara de varias longametraxes, así como en diferentes curtametraxes, festivais e webseries galegas. Compaxina o seu estudo e investigación na dirección de actores co seu traballo como auxiliar de cámara en diferentes proxectos. O documental familiar “Cuna” é o comezo do seu camiño no eido da dirección, no que profundizará co seu proxecto dos tres contos, tres curtametraxes independentes de ficción nas que se trata o tema familiar. “Volver allí”, o primeiro, foi seleccionado no catálogo Shorts From Galicia 2017. O segundo, “Sendeiro”, está en fase de preproducción. Experimenta co corpo e a natureza en pezas como “Change that tune” (videodanza) ou “Naufragio” (videocreación).

Silvia Fuentes é cofundadora da produtora Audiobeesual. Produciu “Volver allí”, a primeira curtametraxe da directora Lucía Estévez, e “Quinta Provincia”, primeira curta dirixida por Miguel Canalejo, nominada a mellor curtametraxe nos premios Mestre Mateo. Coproduce tamén con Matriuska Producciones a curtametraxe “Area”, de Anxos Fazáns. Foi xefa de produción da longametraxe documental “Castelao, de chumbo a verba”, do director Miguel López, e de “Matria”, curtametraxe de Álvaro Gago. Exerce o mesmo traballo no primeiro filme no que participa, “A Estación Violenta”. Forma parte do equipo de produción de “Tempo Vertical”, película dirixida por Lois Patiño, así como da segunda curtametraxe de Lucía Estévez, “Sendeiro”.

Tamara Andrés, representante da ACDeM Armadiña, colectivo organizador do festival, compaxina a escrita coa actividade docente e tradutora e realiza a súa tese sobre poesía e
tradución na Universidade de Vigo. En 2015 publicou a novela Amentalista e gañou o Concurso de Poesía O Facho co
poemario Nenæspiraes. No outono de 2017 vén de publicar o poemario Corpo de Antiochia coa editorial Galaxia. Textos seus foron premiados con diversos galardóns e publicados en obras colectivas, como na antoloxía No seu despregar (Apiario).
No eido audiovisual foi guionista da curtametraxe Tiempos olvidados. Tamén é cocreadora e actriz na webserie La última piedra e aparece no primeiro capítulo de El origen del problema de Mario Iglesias. Colabora de xeito puntual co colectivo performativo Blanco&Roja.

O festival está organizado polo colectivo ACDeM Armadiña e patrocinado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Poio.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close