O Xurado Novo elixe o mellor videoclip

Na mañá do xoves 2 de novembro, o Xurado Novo do Curtas Armadiña elixiu o mellor videoclip galego dos dous últimos anos presentado ao certame audiovisual Curtas Armadiña 2017. A decisión da mocidade coñecerase o domingo 19 de novembro na gala final.

O Xurado Novo está formado por rapaces do IES de Poio de 15 a 17 anos que o curso pasado realizaron o documental Co devalar no marco do programa Cinema en curs. A participación no programa foi posible grazas á coordinación dos departamentos de Latín e Grego, Historia e Normalización Lingüística do centro educativo.

Ao visionado acudiron os membros da organización de Curtas Armadiña 2017 Tamara Andrés e Adrián González, quen é tamén realizador. Ademais da proxección e escolla da mellor curta, os organizadores conversaron xunto á rapazada sobre a vertente audiovisual do videoclip. O alumnado mostrouse desde o comezo interesado en colaborar e, grazas á súa participación en Cinema en curs, puido ter en conta as ferramentas empregadas na realización dos videoclips e argumentar a súa escolla en termos teóricos do audiovisual.

Os videoclips que figuran na selección oficial da edición deste ano do Curtas Armadiña son os seguintes:

Ezetaerre – Non é verán de Estrella Dam – Alicia Alonso

Trapallada – A xente do mar – Pulpiño Viascón

Atrás Tigre – Fainos saír – Allez Alles

Malandrómeda – Bótalle caldo – Manuel Caamagno

Arrhytmia – Tan só notas – Álvaro L. Barreiro/strong>

Cintaadhesiva – O deserto – Jesús Tejada y Silvia Penas

Ataque escampe – Papá borracho – Mar Catarina

Caxade – E isto é o amor – Leandro Lamas

Seso Durán – Canción dos afogados – Seso Durán

Esposa – Xardín interior – Rubén Domínguez

Diplomáticos de Montealto – A Rabaleira – Pulpiño Viascón

Guadi Galego – Cedeira – Xacio Baño

Terbutalina – Ninguén che quere tanto – Gero Costas

deLombaos – Lingua encadeada – Diego López Curros

Airiños da Freba – O Estraperlista – Lois Blanco

Malvares de Moscoso – Trens cara o sul – Alberto Lora

O certame audiovisual Curtas Armadiña terá lugar en Poio desde o 13 ao 19 de novembro. Coa inclusión desta sección de videoclips, a organización quere visibilizar a calidade da industria musical en lingua galega e promocionar o videoclip como unha peza audiovisual que cómpre valorizar.

Para ser aceptadas a concurso, os videos musicais debían estar rematados con posterioridade ao 1 de Xaneiro de 2016, contar cun máximo de 10 minutos de duración e provir de bandas ou artistas que empreguen o idioma galego nas súas letras.

A obra elixida polo Xurado Novo como mellor videoclip recibirá unha áncora acreditativa e un premio económico de 300 €. O festival Curtas Armadiña está organizado pola ACDeM Armadiña e conta coa colaboración do Concello de Poio e da Deputación de Pontevedra.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close