Selección da Sección Medioambiental

Unha das novidade desta edición do CURTAS ARMADIÑA é a sección medioambiental que inclúe a filmes que mostran o seu compromiso co medio natural. O xurado que determinará o gañador do premio está formado por catro organizacións que destacan polo seu compromiso co medio ambiente: ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), APDR (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), Amigos da Terra e Greenpeace. O xurado complétase coa nosa compañeira Beatriz Aranzazu Soto Caba da Comisión Medioambiental da ACDeM Armadiña.

As películas seleccionadas para esta sección do festival son:

El hombre de agua dulce | 2017 | 16 min | Drama | Álvaro Ron

Madrid Zero | 2017 | 8 min | Documental. Álvaro Llagunes

Cuando Lucas encontró a Eva | 2017 | 8 min. Ficción | Nuria Rubió

Chiripajas | 2017 | 2 min |Ecoloxía.Olga Poliektova

Paxaro escuro | 2017 | 18 min. Ciencia-Ficción | Simón Casal de Miguel
Sub Terrae | 2017 | 7 min | Documental.Nayra Sanz Fuentes

Basura | 2016 | 5 min. Terror | Juan Silva

A proxección das curtametraxes desta sección realizarase o xoves 16 ás 21:00 no Casal de Ferreirós (Poio). Destacamos a calidade da selección que lles permitiron acadar importantes premios a nivel estatal e internacional. .

O CURTAS ARMADIÑA está organizada pola ACDeM Armadiña co apoio da Deputación de Pontevedra e o Concello de Poio. Queriamos agradecer a ADEGA, APDR, Amigos da Terra e Greenpeace a súa colaboración nesta sección.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close