Nerea Barros, premio CURTAS ARMADIÑA 2017

 

Curtas Armadiña recoñece o talento de Nerea Barros co seu premio máis especial

O certame audiovisual poiense Curtas Armadiña estrea este ano o premio homónimo, cuxa finalidade é recoñecer o talento de persoas ligadas ao noso audiovisual. Este ano, a organización decidiu outorgalle o galardón a Nerea Barros, cuxo traballo en diversos proxectos audiovisuais cómpre ser destacado. A actriz naceu en Santiago de Compostela e iniciou as súas andainas no cinema co filme Nena, dirixido por Xavier Bermúdez. No ano 2009 comezou a aparecer na serie Matalobos da TVG e máis tarde, no 2013, traballou na serie El tiempo entre costuras de Antena 3.

Un ano despois interpretou o papel de Rocío no filme La isla mínima, dirixido por Alberto Rodríguez, traballo co que acadou o Premio Goya á mellor actriz revelación. Ata a actualidade, Barros ten participado en diversos filmes, como Rafael, Volver a casa, O ouro do tempo ou Sol y Luna, así como nunha longa nómina de series, entre as que se atopan MIR, Padre Casares, El secreto de Puente Viejo o El Príncipe. O seu último traballo, A estación violenta, de Anxos Fazáns, foi rodado en Pontevedra e vén de ser estreado no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Ademais, Nerea Barros tamén participa na serie Apaches, que pronto estreará Antena 3 e que será distribuida por Netflix.

O premio será entregado co resto dos galardóns do certame o domingo 19 na gala de clausura. O festival está organizado pola ACDeM Armadiña e patrocinado polo Concello de Poio e a Deputación de Pontevedra.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close