EVA FERNÁNDEZ, PREMIO ESPECIAL CURTAS ARMADIÑA 2018

O certame Curtas Armadiña, na súa edición 2018, outórgalle o premio especial á actriz ourensá Eva Fernández co obxectivo tanto de poñer en valor o seu gran talento como actriz como de resaltar o feito de ter interpretado numerosos personaxes femininos que reivindican e loitan polos seus dereitos. Así mesmo, desde a dirección do certame quérese destacar a sensibilidade, a xenerosidade e a humildade que imprime a actriz a todos aqueles acontecementos que a rodean e a súa implicación coas causas sociais.

Eva Fernández iniciouse de xeito público no eido da interpretación audiovisual dando vida a Rosalía Pereira, filla de Miro e Balbina na recoñecida serie da TVG Pratos combinados. Tamén participou noutras existosas series desta mesma canle, entre as que cómpre destacar Mareas vivas, As leis de Celavella (onde interpretou a Matilde, papel co que obtivo o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista no ano 2003), Luci, Padre Casares ou Vidago Palace. Traballou nos filmes Ilegal, de Ignacio Vilar, Rafael, de Xabier Bermúdez, e tamén en A lingua das bolboretas, de José Luis Cuerda.

Fóra das nosas fronteiras, participou nas series estatais El Súper, Piratas, Cuéntame como pasó ou El Ministerio del Tiempo. O seu papel máis recente é o de Esther Lago na serie Fariña, traballo que lle serviu para consolidar unha traxectoria ben sólida, afouta e fondamente traballada.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close