PEZAS GAÑADORAS CURTAS ARMADIÑA 2019

No serán deste domingo 17 de novembro celebrouse a Gala Curtas Armadiña 2019 no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, onde se entregaron os galardóns da quinta edición do certame audiovisual Curtas Armadiña, organizado pola ACDeM Armadiña.

Á gala, á que asistiron preto de 150 persoas, estivo dirixida pola actriz Isabel Risco. Velaquí a listaxe das pezas gañadoras:

*PREMIO CREA Á MELLOR DIRECCIÓN: Limbo, de Daniel Viqueira

*ÁNCORA AO MELLOR VÍDEO MUSICAL: De bruma e salitre, da banda Mileth, dirixido por Xaime Miranda

*ÁNCORA Á MELLOR CURTAMETRAXE ANIMADA: Homomaquia, de David Fidalgo Omil

*PREMIO CURTAS ARMADIÑA 2019: Sonia Méndez

*ÁNCORA DE PRATA Á MELLOR CURTAMETRAXE (PREMIO DO PÚBLICO): Uganda, de Fernando Tato

*ÁNCORA DE OURO Á MELLOR CURTAMETRAXE: 16 de decembro, de Álvaro Gago

Alén dos premios monetarios, as persoas gañadoras recibiron uns trofeos en forma de áncoras deseñadas por Cavalinho do demo (Paula Pereira). Desde a organización do Curtas Armadiña, que puxo o foco nesta quinta edición na creación galega e que ofreceu novas ubicacións (principalmente o Fogar Armadiña, en Combarro), valoran moi positivamente a participación no certame en todas as súas actividades. O evento recibiu subvención por parte da Deputación de Pontevedra e o Concello de Poio e contou coa colaboración de CREA, cervexas Meiga e Amásame Bakery Lab.

 

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close