Actriz, performer e artista visual licenciada en Belas Artes cun Máster en Artes Escénicas e Titulada Superior en Arte Dramática. Formou parte de diversas compañías (entre outras, Centro Dramático Galego, Matarile, Xarope Tulú, Inversa Teatro e Aporía Escénica) e ten traballado baixo a dirección de Ignacio Vilar, Alexandre Cancelo, Breogán Riveiro, Simón Casal e Fon Cortizo. Participou nas series de televisión Hospital Real, Dalia, a modista e O sabor das margaridas. Cofundou os colectivos de arte de acción áIntemperie, Ohn e Blanco&Roja. Recibiu o Premio María Casares á Mellor Actriz Secundaria por O Tolleito de Inishmaan e foi nomeada a Mellor Actriz Protagonista por Martes de Carnaval. Actualmente compaxina o labor investigador co traballo creativo nos eidos das artes escénicas e visuais.