BASES PARA @S PARTICIPANTES

CONDICIÓNS XERAIS

1. O Festival terá lugar en Poio do día 13 o 19 de Novembro de 2017. A participación será gratuíta e está aberta ao ámbito internacional. Esta edición terá por obxectivo a integración da comunidade xorda.

2. Cada autor/a ou promotora poderá presentar o número de curtas que desexe.

3. Quedaran excluídos os traballos de índole publicitaria ou que atenten contra a dignidade das persoas por discriminación de sexo, relixión, raza, orientación sexual, etc.

4. O Festival componse de catro seccións competitivas: Sección Oficial, Sección Medioambiental, Sección Animación e Sección Videoclips.

SECCIÓN OFICIAL

5. Poderán ser presentadas a SECCIÓN OFICIAL todas as curtametraxes rematadas con posterioridade ao 1 de Xaneiro de 2016 e que non fosen enviadas ao Festival en edicións anteriores.

6. A duración máxima dos filmes será de 20 minutos máis títulos e créditos.

7. A curtametraxe terá que estar nunha lingua oficial da Península Ibérica. Estas deberán ser subtituladas ó galego ou castelán para a integración da comunidade xorda.

8. A Organización aceptará todos os xéneros.

SECCIÓN MEDIOAMBIENTAL

9. Poderán ser presentadas a SECCIÓN MEDIOAMBIENTAL todas ás curtametraxes rematadas con posterioridade ao 1 de Xaneiro de 2015.

10. A duración máxima dos filmes será de 20 minutos máis títulos e créditos.

11. A curtametraxe terá que estar nunha lingua oficial da Península Ibérica. Estas deberán ser subtituladas ó galego ou castelán para a integración da comunidade xorda.

12. As películas incluídas nesta sección debe tratar sobre o medio ambiente: enténdese por este á contorna ou a suma total do que nos rodea, e que afecta e condiciona especialmente as circunstancias da vida. Comprende o conxunto de valores naturais, sociais e culturais existentes nun lugar e nun momento determinado e que inflúen ao planeta.

SECCIÓN ANIMACIÓN

13. Poderán ser presentadas a SECCIÓN ANIMACIÓN todas as curtametraxes animadas rematadas con posterioridade ao 1 de Xaneiro de 2015 e que non fosen enviadas ao Festival en edicións anteriores.

14. A duración máxima dos filmes será de 20 minutos máis títulos e créditos.

15. A curtametraxe terá que estar nunha lingua oficial da Península Ibérica. Estas deberán ser subtituladas ó galego ou castelán para a integración da comunidade xorda.

SECCIÓN VIDEOCLIPS

16. Poderán ser presentadas a SECCIÓN VIDEOCLIPS todos os vídeos musicais rematados con posterioridade ao 1 de Xaneiro de 2016 e que non fosen enviadas ao Festival en edicións anteriores.

17. A duración máxima dos filmes será de 10 minutos máis títulos e créditos.

18. Os vídeos deberán ser de bandas ou artistas que empreguen o idioma galego.

INSCRICIÓNS

19. A inscrición farase a través das plataformas web https://festhome.com/ e https://filmfreeway.com. O período de inscricións será do 1 de xuño o 1 agosto de 2017. Aínda que a participación no Festival é gratuíta as plataformas poden aplicarlles un cargo variable ao usuario pola xestión da inscrición.

20. Para a preselección, as curtas deberan ter o seguinte formato:

Formato dixital .mov, mp4 ou .ogv

Resolución mínima: 480p

Audio: AAC ou OGG

Subtítulos (galego ou castelán)

O arquivo non debe superar os 2Gb

21. Os arquivos enviados pasarán a formar parte dos fondos da ACDeM Armadiña. Estes comprométense a empregar tales copias con propósitos exclusivamente culturais e non comerciais.

22. As curtas a concurso serán publicadas no sitio web do Festival, http://curtas.armadinha.gal, aproximadamente un mes antes do seu comezo.

23. O formato de proxección será .mov, ogv ou mp4, resolución FULL HD 1920×1080p, audio AAC ou OGG, subtítulos en galego ou español incrustados.

24. As persoas seleccionadas enviarán un arquivo cun EPK (Electronic Press Kit) composto de:

Teaser da súa obra a efectos de promoción.

Cartaz publicitario e tres fotogramas ou fotografías (300 ppp) representativas da película.

Sinopse en castelán, portuguéss, galego ou inglés.

Fotografía do director/a. Coas mesmas características descritas anteriormente.

Biografía do director/a.

Palmarés da película.

Sitio web e ligazóns as redes sociais das películas, no caso de telo

Clasificación de idades.

25. Coa inscrición da curta e a conseguinte aceptación das bases, os/as titulares das obras cédenlle á ACDeM Armadiña o dereito a proxectar devanditas obras nas actividades culturais extraordinarias que poidan organizar con posterioridade á celebración deste Festival.

XURADO

26. Existirán diferentes xurados en función da sección:

XURADO PRINCIPAL.- O xurado estará composto por diferentes profesionais do mundo audiovisual e cultural, así como de representantes da organización. Os seus membros decidirán a mellor curtametraxe da sección oficial, así como, o principal premio da sección de animación.

XURADO MEDIOAMBIENTAL.- Estará composto por persoas pertencentes a colectivos de defensa do medio ambiente na Galiza. Os membros deste xurado decidirán a mellor curtametraxe da sección medioambiental.

XURADO NOVO.- Estará composto por rapazas e rapaces de Poio entre 15 e 17 ano os cales decidirán o mellor vídeo musical en galego.

PÚBLICO.- Despois de cada sesión, os asistentes poderán votar as películas proxectadas a partir dunha urna que se colocará na saída da sala. A película máis votada polo público, acharase utilizando a media aritmética, recibirá o premio do público que chamamos “Áncora de prata”.

27. O xurado poderá deixar deserta calquera categoría e tomar calquera decisión relativa a aspectos que non fosen considerados nestas bases.

CATEGORÍAS E PREMIOS

28. Os premios ou mencións establecidos na SECCIÓN OFICIAL:

PREMIO MELLOR CURTAMETRAXE “ÁNCORA DE OURO”.- Premio principal do Festival, consistirá nun trofeo “Áncora de Ouro” e un talón por valor de 1.000€

PREMIO DO PUBLICO “ÁNCORA DE PRATA”.- A representación da curtametraxe gañadora recibirá un trofeo “Áncora e Prata” e 500€

PREMIO CURTAMETRAXE ANIMADA.- A representación da curtametraxe gañadora recibirá o trofeo “Áncora especial animación” e 500€ (ao que se aplicará a correspondente retención do IRPF).

PREMIO CURTAMETRAXE MEDIOAMBIENTAL.- A representación da curtametraxe gañadora recibirá o trofeo “Áncora especial medioambiental” e 500€

PREMIO MELLOR VÍDEO MUSICAL.- O vídeo musical gañador recibirá unha “Áncora” acreditativa e mais un premio económico de 300€.

29. Os premios están suxeitos á súa correspondente retención fiscal.

30. Ningún organizador do Festival poderá presentar traballos, no caso de telos, a concurso.

31. Non será obrigatorio que os/as creadores/as das curtas premiadas ou representante legal estean presentes na entrega de premios que terá lugar o 19 de novembro, así como si será necesario un vídeo de agradecemento no momento de facer a inscrición para a categoría oficial, animación e medioambiental.

32. Os trofeos serán pezas escultóricas orixinais creadas exclusivamente para o Festival.

COMUNICACIÓN E DEREITOS DE EXHIBICIÓN

33. A Organización do evento resérvase o dereito a tomar unha mostra das curtas seleccionadas para usar na difusión oficial do Festival ademais do uso de materiais (fotografías, cartaz…) para a promoción (programa, cartaz, prensa, redes sociais …) do mesmo.

ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS

34. A Organización dá por feito que os participantes son titulares dos dereitos das curtametraxes que presenten. En calquera caso, a Organización non se fai responsable das posibles infraccións derivadas deste aspecto.

35. As películas seleccionadas serán proxectadas publicamente durante o Festival, de acordo cun calendario programado, presupoñéndose que os participantes autorizan estas proxeccións desde o momento da súa inscrición no Festival.

36. A Organización reservase en calquera momento o dereito de alterar, modificar ou suspender o programa de do Festival.

37. A inscrición no III Curtas Armadiña implica a aceptación destas bases.

 

CALL FOR ENTRIES

GENERAL TERMS AND CONDITIONS

1. The Festival will be held from the 13th to the 19th November 2017 at Casal de Ferreirós (Poio). The Festival is open to international applicants and submission is free of charge. The main aim of this edition is to integrate the deaf community.

2. There is no limit to the number of short films an individual, film production or film promotion company can enter.

3. Promotional and advertising films are not eligible. The juries will exclude any film which may be offensive or discriminatory (based on race, sex, religion, natural origin, physical disability, sexual orientation or age).

4. The Festival consists of four sections: the Official Section, the Environmental Section, the Animation Section and the Videoclip Section.

OFFICIAL SECTION

5. The Official Section is open to short films completed after 1st January 2016 and not submitted to the Festival in previous editions.

6. The maximum running time of the films will be of 20 minutes, including titles and credits.

7. The short films must be submitted in one of the official languages from the Iberian Peninsula. All films must be subtitled in Galician or Spanish in order to integrate the deaf community.

8. All film genres are accepted.

ENVIRONMENTAL SECTION

9. The Environmental Section section is open to films completed after 1st January 2015.

10. The maximum running time of the films will be of 20 minutes, including titles and credits.

11. The short films must be submitted in one of the official languages from the Iberian Peninsula. All films must be subtitled in Galician or Spanish in order to integrate the deaf community.

12. This section is open to short films which depict our environment or everything that surrounds us, which involves natural, social and cultural values presents at a specific time and place and which affects or conditions our way of life and our planet.

 

ANIMATION SECTION

13. The Animation Section is open to animated short films completed after 1st January 2015 and not submitted to the Festival in previous editions.

14. The maximum running time of the films will be of 20 minutes, including titles and credits.

15. The short films must be submitted in one of the official languages from the Iberian Peninsula. All films must be subtitled in Galician or Spanish in order to integrate the deaf community.

VIDEOCLIP SECTION

16. The Videoclip section is open to musical videoclips completed after 1st January 2016 and not submitted to the Festival in previous editions.

17. The maximum running time of the films will be of 10 minutes, including titles and credits.

18. The videoclips must come from bands or artists speaking Galician language.

REGISTRATION

19. Short films should be submitted via the online platforms https://festhome.com/ or https://filmfreeway.com. The submission period will be open from 1st June to 1st August 2017. Although participating in the Festival is free, platforms may charge a fee for processing the registration.

20. In order to be preselected, short films must be uploaded in the following format:

Digital format: .mov, mp4 or .ogv

Minimum resolution: 480p

Audio: AAC or OGC

Embedded subtitles (Galician or Spanish)

Files must not exceed the 2 GB size.

21. The uploaded files will become part of the collection of ACDeM Armadiña and the municipality of Poio. The organization undertakes to use these copies exclusively for its own cultural, non-commercial purposes.

22. The short films selected for competition will be announced on the Festival website (http://curtas.armadinha.gal) approximately one month before the start of the Festival.

23. The screening format will be .mov, .ogv or mp4, FULL HD resolution 1920×1080p; AAC or OGC audio; Galician or Spanish subtitles embedded.

24. Once being chosen, the responsible for the audiovisual work must send a file with a EPK (Electronic Press Kit) including:

– A teaser of the chosen work for promotional purposes

– An advertising poster and three frames or photographs (300 ppp) representing the work

– A synopsis written in Spanish, Portuguese, Galician or English

– One photograph of the director with the characteristics mentioned above

– Director’s biography

– List of film awards

– Website and links to social networks, if existant

– Age rating

25. By submitting a short film and thus agreeing to these terms and conditions, the owners of the short films grant the organization permission to exhibit the short film –with exclusively cultural, non-commercial purposes at all times– as part of the different special activities they may organize after this edition of the Festival.

JURIES

26. Each Section will have a different jury who will select the winners of each section:

MAIN JURY – The main jury will be composed of professionals from the cultural and audiovisual industry, as well as members of the organization. The members of this jury will choose the best short film in the Official Section and the main prize of the Animation Section.

ENVIRONMENTAL JURY – The environmental jury will be composed of members of Galician environmental groups. The members of this jury will choose the best short film in the Environmental Section.

YOUNG JURY – The young jury will be composed of Poio students between 15 and 17 years old. The members of this jury will choose the best videoclip.

PUBLIC JURY – After each sesion, the festival participants will be able to vote the films screened. There will be a voting booth on the way out of the projection room. The best film according to the public will be granted a “Silver Anchor”.

27. The jury may declare that the prize will not be awarded and has the right to decide on any matter not explicitly covered in these terms and conditions.

AWARDS

28. Awards and mentions established are:

BEST SHORT FILM “Golden Anchor”: “Golden Anchor” trophy + 1000 €

PUBLIC AWARD “Silver Anchor”: “Silver Anchor” trophy + 500 €

ANIMATION SHORT FILM AWARD: “Special Animation Anchor” trophy + 500 €

ENVIRONMENTAL SHORT FILM AWARD: “Special Environmental Anchor” trophy + 500 €

BEST VIDEOCLIP AWARD: a certifying trophy + 300 €

29. Prizes are subject to the taxes and regulations established under Spanish law.

30. The members of the organization cannot submit any short film to the competition.

31. It is not compulsory for the authors of the awarded short films to attend the Awards Ceremony, which will be held on the 19th November 2017. Nonetheless, applicants are required to submit an acceptance speech video along with the short film when registering for the official, animation and environmental sections.

32. The award trophies are pieces of sculpture specially designed for the Festival.

COMMUNICATION AND EXHIBITION RIGHTS

33. The organization reserves the right to use some extracts of the chosen short films for promotional purposes (frames, posters, etc.), which may be shown when promoting the Festival (programme, posters, social media,press releases, etc.).

TERMS AND CONDITIONS

34. The organization assumes that the applicants own the rights to the films that they submit and the right to grant all of the authorizations, rights and licenses. Under no circumstances will the organization be liable in any way for any violations that may result from the ownership of the films in any case.

35. By submitting a film to the Festival, the applicant authorizes the organization to exhibit the film during the festival run. The individual or company submitting the film warrants that it is authorized to commit the film for screening, and understands and accepts these requirements and regulations.

36. The Organizers reserves the right to cancel, modify or suspend the programme of the Festival at any time.

37. Participation in the III Armadiña Short Festival constitutes acceptance of these terms and conditions.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close