SONIA MÉNDEZ, ÁNCORA CURTAS ARMADIÑA 2019

O certame audiovisual Curtas Armadiña recoñece coa súa áncora máis especial a Sonia Méndez. A directora e actriz, que naceu en Vigo e transitou distintas xeografías vitais, pasou parte da súa infancia e adolescencia en Poio. Con este galardón, o festival pretende recoñecer e salientar o labor dunha profesional do audiovisual galego contemporáneo, neste caso mesmo ligada ao concello sede do certame.
Sonia Méndez formouse en diversos eidos do audiovisual (interpretación, dirección, produción, guión, ou realización) en espazos xeográficos diversos (Compostela, Barcelona, Cuba, A Coruña) e desde o ano 2014 dirixe o Carballo Interplay, primeiro festival de webseries e contidos dixitais do estado. Forma parte da Asociación de Directores e Directoras de Galicia (CREA), do Observatorio Audiovisual de Galicia, da Academia Galega do Audiovisual e da Asociación de Mulleres Cineastas.
Dirixiu, guionizou e produciu as curtametraxes Perversa Lola (2008), Leo y Mario (se dejan) (2010), As damas negras (2012), Conversa cunha muller morta (2012), Café-Bar Santos Perruquería (2015), Ei, Guapa (2016) e a serie web Angélica & Roberta (2010-2013). No ano 2018 fundou a productora Cósmica Producións xunto a Nati Juncal Portas e dirixiu Antes de perder, serie dixital para Playz-RTVE. No 2019 encargouse do guión e dirección da gala dos Mestre Mateo e tamén dos seus vídeos promocionais.
Como actriz participou en filmes como Rafael de Xavier Bermúdez, Una mujer invisible de Gerardo Herrero o El sexo de los de los Ángeles de Xavier Villaverde, así como en series de televisión (Terras de Miranda, Os Atlánticos, Serramoura, Cuéntame cómo pasó).
O festival desenvolverase en Poio desde o 11 ata o 17 de novembro. A entrega do galardón terá lugar na gala de clausura de certame, que de celebrará o domingo pola tarde. O certame Curtas Armadiña está organizado pola ACDeM Armadiña e conta co patrocinio do Concello de Poio e a Deputación de Pontevedra.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close