Gravar e cambiar un vídeo: un xogo co espazo (obradoiro para crianzas)

Details
Date:

Novembro 17

Time:

11:00 a.m. - 01:00 p.m.

Organizer

ACDeM. Armadiña

Venue

Centro Cultural Xaime Illa

21 Rúa Igrexa, 36992 Raxó

Raxó, GA, España, 36992

Dirixe: Alba Blanco (artista visual, ilustradora e performer)

Público destinatario: crianzas a partir de 8 anos

Aforamento: 12 alumnxs

Custe: de balde

Contido: Sabes que podemos editar un vídeo co noso corpo? Neste obradoiro aprenderemos a acurtar a distancia entre corpo e tecnoloxía mergullándonos nunha creación ben dinámica. Tras atesourar pequenos rexistros visuais e sonoros, as crianzas crearán unha peza colectiva intervindo unha instalación que funcionará como un programa de edición e montaxe audiovisual a escala física. Diversos elementos actuarán como botóns que modificarán o que estamos a ver na imaxe proxectada, e así cambiaremos a súa escala, o seu ritmo, a súa cor… Un xogo audiovisual ben grande!

Proceso de inscrición: enviade un corre-e a curtas.armadinha@gmail indicando título do obradoiro, nome e apelidos da crianza e mais datos de contacto da persoa responsable. As inscricións terán lugar por orde de chegada.

 

Esta actividade está organizada pola ACDeM. Armadiña co apoio da Deputación de Pontevedra e o Concello de Poio.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close