Profesional do eido da enxeñería e a arquitectura, no último lustro concentra todas as súas enerxías na xestión cultural e na produción de proxectos e eventos culturais. É presidente de Reencanto Producións, entidade organizadora do Festival Primavera do Cine en Vigo e do Galician Freaky Film Festival, sendo o director de ambos certames. Foi convidado como xurado e programador en festivais de cinema en España e Portugal.